É moi sinxelo,
Simplemente nos ten que aportar 2 documentos, ademáis de asinar a alta:
-fotocopia do DNI do titular da alta
-documento de titularidade bancaria, esto é; certificado de titularidade bancaria ou fotocopia da primeria folla da libreta, ou tamén vale unha fotocopia dun recibo onde conste o nome do titular da conta e o número de conta. (A alta non é efectiva ata que se realiza a visita ó domicilio da alta e se comproba que existe plena cobertura)
Para aportar os documentos e asinar a alta pode facelo nas oficinas de 'aestradadixital', no Edificio de Usos Múltiples (antiga Biblioteca), na planta baixa (ao lado de Radio Estrada). O horario é de 8:00h a 15:00h e de 16:00h a 19:00h. Tamén pode enviar os documentos por email, aportando ademáis os seguintes datos:
tlfno de contacto:
dirección da alta:
servizo a contratar: 1 Mb--10€+IVE
3 Mb--18,90€+IVE
Acto seguido procedemos a concertar unha cita para achegarnos ata o domicilio da alta e comprobar a cobertura. Se todo está correcto, xa se lle deixan os equipos de conexión no domicilio, en calidade de cesión, e procederíase a dar a alta efectiva do servizo. Os nosos técnicos explicaranlle no domicilio como debe de proceder a colocar o router, soe ser moi sinxelo.
En caso de necesitar facer instalación, corre por conta do usuario, pero normalmente soe ser algo moi sinxelo que á hora da visita lle explicamos debidamente. Ademáis, en moitos casos simplemente e colocar o router que lle facilitamos, en calidade de cesión, conforme lle indicamos e sen precisar instalación. O router que nós lle facilitamos recolle a nosa sinal inalámbricamente, pero non emite wifi para dentro do domicilio, é decir, se vostede quere ter wifi na casa tería que mercar un punto wifi (20-30€) en calquera tenda de informática, ou ben se ten un router wifi doutro operador pódese configurar para facer wifi. En calquera dos dous casos a configuración do punto wifi faríamola nós.
O servizo non ten permanencia e non se cobra alta nin aluguer de equipos. Tamén ten a posibilidade de cambiar de servizo de xeito inmediato e durante o tempo que o desexe.